Olga Kirk

Comeza a súa andaina musical aos once anos cando ingresa nun grupo de pandereteiras. Dende o principio entusiasmouse coa música tradicional, tanto coa súa interpretación como co seu estudio, e por iso dende os 17 anos dedicouse a facer investigación etnográfica de campo xunto con Pablo Díaz.

Ademais de cantar e tocar diversas percusións de man, Olga toca o acordeón diatónico ou o tambor,  e dedícase ao seu ensino en diversas escolas de música tradicional. Ademais de facer coros na banda TIC TAC, é integrante do grupo de música tradicional “Ruote” e directora do grupo de baile tradicional da Coruña “Donaire”.Tamén pertence ao coro integrado por 16 cantantes de diferentes estilo “Sisters in the house

 

Comments are closed.